mércores, 25 de xuño de 2014

Grimorio do tempo: Intre da dúbida

Volvendo a falar do meu pequeño desexo egoísta, outra das cousas que non comprendo é ese pracer meu da dúbida.
Cando o meu pequeño desexo egoísta entra nunha desas tempadas de máximo esplendor é o momento no que a dúbida mostra o seu poder.
O pequeno desexo egoísta escolle obxectivo, e entón interpón un pano de chumbo no camiño. O pano non é outra cousa que a dúbida, e aquí ven o verdadeiro problema.
Ata o de agora, cada vez que sacaba o pano a lousa do fracaso caía sobre min con todo o seu peso, a pedra fría da lousa caía e agretaba o meu espírito.
Esa é a razón pola cal agora dubido se descorrer o pano. Quero atopar ó outro lado algo que non se asemelle a maldita lousa, pero por outra banda temo atopala de novo, sentir o seu frío e ver novas fendas.
O que fago o final é escoller a poción covarde nun principio, deixo o pano e vivo no intre en que pode ser o que quero, no cal non hai lousa e porfín podo cumplir o meu pequeno desexo egoísta.
Como dixen esa é a miña escolla no principio, pero é efímera e murcha máis rápido ca unha flor cortada, ata que finalmente deixo de ser o covarde que tanto odio e arrinco o pano infernal.
No momento no que destrúo a miña barreira prepárome para recibir a aperta da lousa e vexo como as esperanzas todas caen igual que eses imperios antigos. Baixo o seu propio peso.
Sempre caeu sobre min a verdade de pedra, e sempre deixou unha nova fenda. Estas fracturas forman en min un deseño perverso que di:
¨Cantas veces máis podes soportalo antes de crebar?”
Entón unha vontade da que estou orgulloso contesta:

Resistirá ata que a chama da súa auténtica fortaleza se extinga” 

Ningún comentario:

Publicar un comentario