luns, 27 de xaneiro de 2014

Caída dun xigante

Sei dun xigante que comezou a tremer,
Lento, paralizante, sen se mover.

As forzas naturais que antes o tiñan en pé,
comezaron a movelo, e fixérono caer.

A montaña rompeu, e naquel cadaleito foi bater,
gris, escuro, camiño do alén.
Aquel mundo deteuse para ver a caída dun xigante,
Lenta, grave, sen se deter.

Adéus xigante, adeus para sempre.
Adeus a gran presenza que unha vez,
con nós camiñou, adeus para non volver.

Desapaece

Leta esquecida,
de  son imbombante, 
impescindible pesenza,
sempe impotante.

Fuxiu paa non volve,
escapou paa non a ve,
Volve, necesítote paa escibi.
Volve ao embema e onda min!

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Última Palabra

Só hai unha palabra...
que detén mares,
que frea tempestades
que sanda fogares.

Aquela palabra...
que todos coñecen,
que moitos falan,
que poucos proban.

Esta palabra...
que subxugan os corazóns dos homes,
que perde os ancestrais valores,
que sofre baixo linguas sen cores.

Uns poucos inocentes coñecen,
a palabra que un mundo cambia,
a palabra que o mundo sanda.