mércores, 25 de xuño de 2014

Grimorio do tempo: Intre da dúbida

Volvendo a falar do meu pequeño desexo egoísta, outra das cousas que non comprendo é ese pracer meu da dúbida.
Cando o meu pequeño desexo egoísta entra nunha desas tempadas de máximo esplendor é o momento no que a dúbida mostra o seu poder.
O pequeno desexo egoísta escolle obxectivo, e entón interpón un pano de chumbo no camiño. O pano non é outra cousa que a dúbida, e aquí ven o verdadeiro problema.
Ata o de agora, cada vez que sacaba o pano a lousa do fracaso caía sobre min con todo o seu peso, a pedra fría da lousa caía e agretaba o meu espírito.
Esa é a razón pola cal agora dubido se descorrer o pano. Quero atopar ó outro lado algo que non se asemelle a maldita lousa, pero por outra banda temo atopala de novo, sentir o seu frío e ver novas fendas.
O que fago o final é escoller a poción covarde nun principio, deixo o pano e vivo no intre en que pode ser o que quero, no cal non hai lousa e porfín podo cumplir o meu pequeno desexo egoísta.
Como dixen esa é a miña escolla no principio, pero é efímera e murcha máis rápido ca unha flor cortada, ata que finalmente deixo de ser o covarde que tanto odio e arrinco o pano infernal.
No momento no que destrúo a miña barreira prepárome para recibir a aperta da lousa e vexo como as esperanzas todas caen igual que eses imperios antigos. Baixo o seu propio peso.
Sempre caeu sobre min a verdade de pedra, e sempre deixou unha nova fenda. Estas fracturas forman en min un deseño perverso que di:
¨Cantas veces máis podes soportalo antes de crebar?”
Entón unha vontade da que estou orgulloso contesta:

Resistirá ata que a chama da súa auténtica fortaleza se extinga” 

domingo, 22 de xuño de 2014

Grimorio do tempo: momento da mente

Hoxe decateime de que hai tempo de que dende hai tempo o penso. Teimo en aferrarme a esa nimia esperanza, que sei que chegará pero non entendo que non chegue.
Fará uns anos comecei a preocuparme, e a enganarme (ou non). Eu convénzome de que perder o tempo pensando niso no fará nada e chegará algún día, algún día...
Cando llo comento a alguén dime que se fose eu se suicidaba. Certo é que me próe, pero suicidarse é de vontades débiles e covardes, non me vexo así.
Este pequeno desexo egoísta meu é capaz de mover unha man para deixar liñas de grafito nun papel, pero non é quen de me outorgar valor e deixar de ser un deses covardes que tanto odio.
É o único que me falta. Teño todo o que preciso, suponse que non botaría de menos nada. Agás como dixen, o pequeno desexo egoísta. Non é verdade que este mundo xira por mor dos nosos desexos egoístas?
O desexo egoísta é, foi, e será tema tratado ó longo das épocas por moitos dos domadores da tinta, un dos engranaxes preferidos para trazar as nosas liñas.
Pese a que unha parte de min di que non debo preocuparme, outra berra que a rendición será a absoluta derrota. Esa parte de min turra, e fai que o intente unha e outra vez, a colleita de fracaso é xa desalentadora, mais volverei tentalo ata que eu so sexa pó arrastrado por ventos fríos.
O meu desexo egoísta non é correspondido co desexo egoísta da outra persoa, e iso quéimame dentro. Será por isto que posúo o misterioso poder de ver máis aló e dar vida as verbas.
Ardo e brillo coma unha estrela, ardo e creo veleza, ardo e consúmome no meu desexo egoísta.

Información sobre o blog

Por mor de recentes acontecementos e tras unha longa deliberación, a direción do blog decidiu publicar tamén prosa ao pusuír esta unha calidade similar a dos poemas publicados.
Agradézovos que leades os meus poemas, e agora prosa, e grazas polo voso tempo.

Atentamente:
A direción do blog.

domingo, 1 de xuño de 2014

Cronos

Cres que esqueces as caras,
cres que pasa outra páxina,
pero todo está naquela caixa de lata.

Lembras aquelas vivencias,
todas as memorias e experiencias,
contidas nun recipiente de metal.

Nesta caixa de Pandora,
antídoto daquel seu adeus
gardas as súas últimas verbas.