Hoxe
decateime de que hai tempo de que dende hai tempo o penso. Teimo en
aferrarme a esa nimia esperanza, que sei que chegará pero non
entendo que non chegue.
Fará
uns anos comecei a preocuparme, e a enganarme (ou non). Eu convénzome
de que perder o tempo pensando niso no fará nada e chegará algún
día, algún día...
Cando
llo comento a alguén dime que se fose eu se suicidaba. Certo é que
me próe, pero suicidarse é de vontades débiles e covardes, non me
vexo así.
Este
pequeno desexo egoísta meu é capaz de mover unha man para deixar
liñas de grafito nun papel, pero non é quen de me outorgar valor e
deixar de ser un deses covardes que tanto odio.
É o
único que me falta. Teño todo o que preciso, suponse que non
botaría de menos nada. Agás como dixen, o pequeno desexo egoísta.
Non é verdade que este mundo xira por mor dos nosos desexos
egoístas?
O
desexo egoísta é, foi, e será tema tratado ó longo das épocas
por moitos dos domadores da tinta, un dos engranaxes preferidos para
trazar as nosas liñas.
Pese
a que unha parte de min di que non debo preocuparme, outra berra que
a rendición será a absoluta derrota. Esa parte de min turra, e fai
que o intente unha e outra vez, a colleita de fracaso é xa
desalentadora, mais volverei tentalo ata que eu so sexa pó
arrastrado por ventos fríos.
O meu
desexo egoísta non é correspondido co desexo egoísta da outra
persoa, e iso quéimame dentro. Será por isto que posúo o
misterioso poder de ver máis aló e dar vida as verbas.
Ardo
e brillo coma unha estrela, ardo e creo veleza, ardo e consúmome no
meu desexo egoísta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario