Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de xullo de 2016

Auga

Móvense sombras traidoras
baixo uns ollos de terra seca
cara uns ollos de auga viva.

Afógase un sentimento espectro
nunha terra máis herma
e nun valeiro máis frío.

Intensos pensamentos de pantasma
docemente ferido polo auga
amargamente tan só.

Debaixo da auga viva
morre a terra seca
de sede e soidade.

Existiu unha árbore nesta terra
que quixo bicar as estrelas
e sempre atopou pó é néboa.

Rachou a terra seca
agroma árbore nova
baixo a ollada do segador.
Ou a duns ollos de auga.

domingo, 29 de novembro de 2015

Adeus

Falara cos ventos do ardalén
de auga que asubiaba entre as rochas.
Moito sabían elas da música
que fan as buguinas que gardamos
nos petos da chaqueta.

Eu sentara na area feita cos
pensamentos das pedras,
soterrara a cabeza para saber
se tamén levaran os meus onda elas.

Agora na auga navegaba
porque moitos din que o mar lava
borróns de tinta das nosas páxinas.

Así, vento, area e auga
levaban colgantes cos barcos
daqueles mariños nenos.

A vila marchara e esquecérme,
xamais fun barco de vela
só soñara con chegar a aquel porto.

Eu quedara coa buguina nas miñas mans
e aprendíalle a chorar as cantigas
do vento, da area e da auga.
Dixéralle adeus á miña vila.

domingo, 16 de agosto de 2015

Crux

Os mortos non senten
sentiron os corpos
estou morto e sinto
só dor, só dor.

Esquirlas ser, pó.
Unha vida, nada
unha nada non foi nada
os espellismos non son nada.

Os mortos non soñan
non viven
mais eu estou morto
e soño e vivo.

Non rompeches nada
que antes non crebara
só dureza, elegancia
fría do diamante.

É graciosno,
os mortos non senten
pero eu sinto
forza, nada e dor.

domingo, 19 de abril de 2015

Ciclo

Véxote lonxe das miñas mans,
búscante tenras e sinceiras
e só atopan néboa.

Quérote preto e tocarte,
saber que non esvaeces
como fixeron sempre.

Síntome crebar cando lembro
tantas esperanzas fuxidas,
tantas veces rexeitado.

Esquecín por fendido
a chorar aquelo perdido,
mais gardalo no fondo de min.

Pídoche que me mates agora,
ou sequera aprenderme a chorar
dicíndote: quérote.

luns, 29 de decembro de 2014

Sensus

Quero poder lembrar
a cor dos seus ollos de preto,
un intre da súa ollada.

Quero poder saber
canta paz albergan
os muros dos seus brazos.

Quero poder acariñar
a seda tan pura
que ten nos beizos.

Quero poder sentir,
lembrar saber acariñarte,
sentirte.

luns, 3 de novembro de 2014

Deriva

(Recomendo activar o reproductor de música para mellor experiencia)

Eu só son forte
endurecido na invisibilidade
mesmo móvome silente.

Vexo conciencias de auga,
só ondas neses espellos
opacos e superficiais.

Rexeito esas conciencias
Obsérvoas insensible.
Forte e profundo.

Ás veces desexaría
de quen achase a miña profundidade
e sentirme vulnerable.


Música de Docjazz4

xoves, 9 de outubro de 2014

Egos

(Recomendo activar o reproductor de música para mellor experiencia)


Eu son o que máis amo.
Eu devezo ser Eu.
Vós non sodes Eu.

Escoito eses chíos, miradas baleiras
vexo sombras, podres todas
Eu son o que máis amo.

Sofren inocentes, morren enfermos
xente de pó, vanse nun sopro
Eu devezo ser Eu.

Nun mundo cheo de escoria
Eu-escoria
vós non sodes Eu.


Fonte da música: BAproject

venres, 12 de setembro de 2014

Iter

(Recomendo activar o reproductor de música para mellor experiencia)


Soñei outra vez coa súa face
tentado polas traidoras lembranzas
dun daqueles días perfectos,
dos que se alimenta o meu pequeno desexo.

Atopei outra vez o bosque verde
crecendo na fenda aberta
medrado da esperanza nova,
segado por experiencia vella.

Recordo outra vez a dor vítrea
xa parte dunha rutina máquina
envelenada con dúbida e preguiza,
e así prezada polo masoquismo da vida.

Anhelo unha nova historia
na cal poida soñar contigo
collerte da túa man
sen medo a lembrar
o meu pequeno desexo egoísta.


Fonte da música: OCremix

xoves, 4 de setembro de 2014

Scriptum

Decidín tinguir esta historia
nas páxinas dos libros
con tinta morna.

Domei verbas esquivas
e versos vivos
en raias de grafito.

Viaxo nun fío de irrealidade
do cal pende a miña mente
mais o meu lapis.

Tento crear intres de movemento
escribir un verso da miña historia
e viaxar máis aló da memoria.

martes, 2 de setembro de 2014

Vaga

Vin amenceres dende o sol
as marabillas do presente imperfecto
e mesmo acariñei o ceo.

Persigo a vaga inalcanzable
do meu pequeno desexo egoísta
para sequera sentila nos beizos.

A vaga extinta da miña ánima
a última estrela do meu firmamento
a palabra do eu verso.

domingo, 31 de agosto de 2014

Azul

A cor da dor é azul
coma o das bágoas
e coma o do seu nome.

Doe cando lembras
cando te viches nos seus ollos
ou cando deixou de mirarte.

Berras cara un ceo que non oe
cara un futuro que non chega
e cara o pasado que aferras.

Soamentes ergueraste de novo
se finalmente entendes
a cor da dor é azul.

domingo, 1 de xuño de 2014

Cronos

Cres que esqueces as caras,
cres que pasa outra páxina,
pero todo está naquela caixa de lata.

Lembras aquelas vivencias,
todas as memorias e experiencias,
contidas nun recipiente de metal.

Nesta caixa de Pandora,
antídoto daquel seu adeus
gardas as súas últimas verbas.

xoves, 8 de maio de 2014

Noxo

Víanse sombras de ambición,
amparadas nun noxento orballo
atraídas por promesas de diñeiro
coma bechos ás uvas dun capacho.

mércores, 7 de maio de 2014

Fío de cristal


Volvín sentir
aquelas emocións desexadas.
Volvín querer
voar cara unha chama.

Quixen dicir
tan só dúas palabras.
Quixen falar
e as verbas me traizoaban.

Teño medo
a arder sen control.
Teño pánico
a unha melodía sen son.

Vivo nun intre
fráxil coma un fío de cristal,
do que pendura a esperanza
ou un tráxico final.
No que tan só dúas palabras
escriben o final.

luns, 21 de abril de 2014

Tic-Tac

Espertar
horarios
présas
reloxo e axenda
a tempo completo
en todos lados
semellante prisión
de papeis e números
e contas perfectas.
Pero eu
pequena engranaxe
mínima peza
comezo a saírme
máis rápido...
máis!
TLING!

martes, 8 de abril de 2014

Ánima

Avante pola senda das estrelas,
a que foi unha vez aquela
perdida na porta dos soños.

Contempla a súa reflexión,
nun espello de consciencia
fendido pero sen gretas.

Vislumbra a súa forma
con ollos de experiencia
pechados pero con iris de ceo.

Busca o único que lle falla
nesta existencia de eternidade efímera,
achégase pero non acada.

Ánima quebrada pola sombra da dúbida,
sostida por esperanzas en tempo forxadas,
ferida por un baleiro cheo de lembranzas.

Ánima, avante en cometas azuis,
garda nos seus soños segredos
a palabra que falta nestes versos.

venres, 21 de marzo de 2014

Estrela fugaz

Pequena flor de inmensidade branca,
na dozura discreta de fonda fraga,
entre árbores no berce da verde terra.

Teito azul deste xardín sempre verde,
baixo suave infinido da súa ternura,
co cobertor estelar do maxín sen teima de tebras.

Nesta amable illa cuberta de mornas néboas,
crece a estrela branca no discreto aloumiño,
deste mundo segredo por follas protexido.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Branco

Naceu coma os outros;
mistura de sensacións,
cúmulos de pensamento,
nubes de emocións.

Creceu coma tantos;
forma viva e vibrante,
bebedora de soños,
seguindo sempre adiante.

Sentiu coma moitos;
pero...
parouse, comezou a mirar,
podía ver máis alá.

Separouse de todos;
as súas cores eran unha,
mudara brillante nos ceos,
deixaba atras liñas de verso.

Renacera coma él.
Él que son eu agora.
Eu que son él antes.
Nós, que formamos a Branco.