Volvendo
a falar do meu pequeño desexo egoísta, outra das cousas que non
comprendo é ese pracer meu da dúbida.
Cando
o meu pequeño desexo egoísta entra nunha desas tempadas de máximo
esplendor é o momento no que a dúbida mostra o seu poder.
O
pequeno desexo egoísta escolle obxectivo, e entón interpón un pano
de chumbo no camiño. O pano non é outra cousa que a dúbida, e aquí
ven o verdadeiro problema.
Ata
o de agora, cada vez que sacaba o pano a lousa do fracaso caía sobre
min con todo o seu peso, a pedra fría da lousa caía e agretaba o
meu espírito.
Esa
é a razón pola cal agora dubido se descorrer o pano. Quero atopar ó
outro lado algo que non se asemelle a maldita lousa, pero por outra
banda temo atopala de novo, sentir o seu frío e ver novas fendas.
O
que fago o final é escoller a poción covarde nun principio, deixo o
pano e vivo no intre en que pode ser o que quero, no cal non hai
lousa e porfín podo cumplir o meu pequeno desexo egoísta.
Como
dixen esa é a miña escolla no principio, pero é efímera e murcha
máis rápido ca unha flor cortada, ata que finalmente deixo de ser o
covarde que tanto odio e arrinco o pano infernal.
No
momento no que destrúo a miña barreira prepárome para recibir a
aperta da lousa e vexo como as esperanzas todas caen igual que eses
imperios antigos. Baixo o seu propio peso.
Sempre
caeu sobre min a verdade de pedra, e sempre deixou unha nova fenda.
Estas fracturas forman en min un deseño perverso que di:
¨Cantas
veces máis podes soportalo antes de crebar?”
Entón
unha vontade da que estou orgulloso contesta:
“Resistirá
ata que a chama da súa auténtica fortaleza se extinga”