Mel do amor, ambrosía da alma,
sempre extinta no corazón.
Esvara polos meus dedos a paixón nunca probada,
sempre extinta no corazón.
Luscofusco eterno do ceo dos meus soños,
sempre extinto no corazón.
Momentos roubados dunha vida perdida en sentimentos,
sentimentos sempre extintos no corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario