domingo, 16 de agosto de 2015

Crux

Os mortos non senten
sentiron os corpos
estou morto e sinto
só dor, só dor.

Esquirlas ser, pó.
Unha vida, nada
unha nada non foi nada
os espellismos non son nada.

Os mortos non soñan
non viven
mais eu estou morto
e soño e vivo.

Non rompeches nada
que antes non crebara
só dureza, elegancia
fría do diamante.

É graciosno,
os mortos non senten
pero eu sinto
forza, nada e dor.

martes, 14 de xullo de 2015

River

Once was a winter soul
fallen in a Summer dream
melting into a deep Spring.

Time flows, it flows with him
then its name was given.
It was River.

River forgot his name
torn to liquid pain
tears of his memory.

River forgave his name
and lost his way.
Now River no more
now endless sea.

domingo, 19 de abril de 2015

Ciclo

Véxote lonxe das miñas mans,
búscante tenras e sinceiras
e só atopan néboa.

Quérote preto e tocarte,
saber que non esvaeces
como fixeron sempre.

Síntome crebar cando lembro
tantas esperanzas fuxidas,
tantas veces rexeitado.

Esquecín por fendido
a chorar aquelo perdido,
mais gardalo no fondo de min.

Pídoche que me mates agora,
ou sequera aprenderme a chorar
dicíndote: quérote.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Veritatem

Volvereillo a dicir X, aquí non estou e eu non existo, e iso é unha verdade que non pode contradicir. Disque escoita o que lle digo e, por iso é mentira? Vaites!, aínda non comprende as regras da verdade.
Imos mellorando, agora preste atención que é importante. Vostede chámalle verdade a moitas cousas que semellan selo e tacha de mentira outras tantas, dende cándo levará o home a procurar nela?, pero agora eu aquí presente amosareille algo da verdade. Non, non minto e non me trabuco, eu non lle dixen nada que non encaixe, aínda que teime no contrario. Véxoo. Vai pouco a pouco e agora atopaches o fío deste instante, ben, cólleo ben.
A cousa que lle chamades non é verdade, aseméllase mais non o é. É conveniencia en ocasións, moitas das veces por certo, son esas cousas que encaixan na lóxica incompleta das persoas, eses feitos incompletos. X, a túa mente é incompleta e por iso garda cun receo insospeitado esa tendencia da especia á inexactitude, a tentar completarse e ir descubrindo a verdade na súa máis pura reflexión.
Vexo que comezas a entendelo X, es moito mellor arranxando o crebacabezas ca os outros, impresiónasme, malia que non acadas aínda esa orde que tanto debezan as mentes. Aínda.
Nunca pensaches por un intre nas definicións do que chamades verdade? Por qué non coinciden, non son aplicables, nin cohetentes, nin as mesmas? Incompleto, Inexacto, Imperfecto. Non son verdade, as vosas maneiras de entender a verdade non se poden aplicar a si mesmas, por iso non son verdade. Son algo semellante.
Daste conta X? Sabes xa quén son eu?
Abráiasme, conseguiches comprendelo, completácheste e agora perdeches a túa humanidade e decátaste do que che facía falla non ser perfecto para selo. Coñeces a verdade, parabéns.
Neste intre de comprensión acadáchela X, renunciaches a aquelo que che facía incompleto e viches cal sinxelo é. Deixaches de mirar a sombra que proxectaba o obxecto estrano e o miraches directamente para darte conta do que que é e significa.
Agora que a temos aquí nas nosas mans, cómo crías que era?
Dime a Verdade

luns, 26 de xaneiro de 2015

Albus Caelestis

Día anterior do mes seguinte do ano que queiras.

    Eu, ser consciente e posuidor de todas as miñas facultades escribo as últimas liñas coma eu mesmo.
    Xa vivín esta vida suficientemente coma para levar carga dabondo, a miña conciencia madurou de máis e agora dóeme saberme vivo, non aturo máis coñecer o mundo no que vivo e a natureza dos homes. Por iso decido renunciar a miña memoria.
    Non teño valor nin xustifico o suicidio, porque ben sei que son querido e aínda on esquecín como querer, por iso renuncio a miña memoria.
    Agora fálote a ti, miña rula, que me axudaches a vivir a realidade tanto tempo e as túas son as poucas lembranzas que non quero esquecer. Lembro as primeiras veces, cando te coñecín, cando me axudaches e cando me perdoas. Non te xulgaría por non perdoar este meu acto de egoísmo.
    Quero falar a todos aqueles que poidan ler este réquiem da miña razón, pois non é común que alguén renuncie a súa memoria. Durante a miña consciencia aprendín a ver a esencia da nosa especie, bebín dela e obtiven todo o coñecemento que quixen e o que necesitei, pero co tempo achei a escuridade que se agochaba no froito prohibido. Coñecía demasiado e xa non podía ser feliz.
    Memoria, antes de decirche adeus teño que pedirche algunha cousa. Agradeceríache que bicase unha última vez a miña compañeira e me amosases a historia de quen son e o que decido ser, gárdaas e permíteme saber que es libre alá onde marches, e por último dille a nova persoa que chegue a este corpo que debe comezar de novo a tarefa que eu non me atrevín a rematar. Grazas por axudarme a ser, agora debo darche o adeus e desexarte boa sorte.
Voa amiga miña.

luns, 29 de decembro de 2014

Sensus

Quero poder lembrar
a cor dos seus ollos de preto,
un intre da súa ollada.

Quero poder saber
canta paz albergan
os muros dos seus brazos.

Quero poder acariñar
a seda tan pura
que ten nos beizos.

Quero poder sentir,
lembrar saber acariñarte,
sentirte.