Véxote lonxe das miñas mans,
búscante tenras e sinceiras
e só atopan néboa.
Quérote preto e tocarte,
saber que non esvaeces
como fixeron sempre.
Síntome crebar cando lembro
tantas esperanzas fuxidas,
tantas veces rexeitado.
Esquecín por fendido
a chorar aquelo perdido,
mais gardalo no fondo de min.
Pídoche que me mates agora,
ou sequera aprenderme a chorar
dicíndote: quérote.