Visión fraternal de Mariña Rey Noya
domingo, 14 de setembro de 2014
venres, 12 de setembro de 2014
Iter
(Recomendo activar o reproductor de música para mellor experiencia)
Soñei outra vez coa súa face
Soñei outra vez coa súa face
tentado polas traidoras lembranzas
dun daqueles días perfectos,
dos que se alimenta o meu pequeno desexo.
Atopei outra vez o bosque verde
crecendo na fenda aberta
medrado da esperanza nova,
segado por experiencia vella.
Recordo outra vez a dor vítrea
xa parte dunha rutina máquina
envelenada con dúbida e preguiza,
e así prezada polo masoquismo da vida.
Anhelo unha nova historia
na cal poida soñar contigo
collerte da túa man
sen medo a lembrar
o meu pequeno desexo egoísta.
Fonte da música: OCremix
xoves, 4 de setembro de 2014
Scriptum
Decidín tinguir esta historia
nas páxinas dos libros
con tinta morna.
Domei verbas esquivas
e versos vivos
en raias de grafito.
Viaxo nun fío de irrealidade
do cal pende a miña mente
mais o meu lapis.
Tento crear intres de movemento
escribir un verso da miña historia
e viaxar máis aló da memoria.
martes, 2 de setembro de 2014
Vaga
Vin amenceres dende o sol
as marabillas do presente imperfecto
e mesmo acariñei o ceo.
Persigo a vaga inalcanzable
do meu pequeno desexo egoísta
para sequera sentila nos beizos.
A vaga extinta da miña ánima
a última estrela do meu firmamento
a palabra do eu verso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)