xoves, 27 de febreiro de 2014

Branco

Naceu coma os outros;
mistura de sensacións,
cúmulos de pensamento,
nubes de emocións.

Creceu coma tantos;
forma viva e vibrante,
bebedora de soños,
seguindo sempre adiante.

Sentiu coma moitos;
pero...
parouse, comezou a mirar,
podía ver máis alá.

Separouse de todos;
as súas cores eran unha,
mudara brillante nos ceos,
deixaba atras liñas de verso.

Renacera coma él.
Él que son eu agora.
Eu que son él antes.
Nós, que formamos a Branco.

mércores, 12 de febreiro de 2014

tuitpoesía 1.1

Nace a nova clase de poeta, capaz de ver árbores de aceiro, ríos de pedra e nubes de cristal dunha nova maneira.

martes, 11 de febreiro de 2014

Tuitpoesía 1.0

Lo existencial del poeta peligra por los crecientes monolitos de cristal y las planicies de asfalto, pero resiste.

martes, 4 de febreiro de 2014

Batrucaduras da lingua

Estimado ciditonario:

Sinto moito as miñas batrucaduras,
o teño en tesdima com terdefente da palabra,
pero as veces pouco máis, e as tamanto.

Sinto moito as miñas batrucaduras,
pero creto é que a miña zabeca,
trebella desmaiado rápido para a lingua.

Sinto moito as miñas batrucaduras,
tento de non cotemelas adimudo,
mais ante as miñas faltas me sildulpo.

Perdóeme por pafor, estimado,
non pretendo multilalo ou destirpalo.
Perdóeme as miñas batrucaduras na lingua.